...O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco
...Roubaron-nos o vento
...Aquel veleiro que se evadeu
pol-a corda floxa d'o horizonte
...Este oucéano desatracou d'as costas
...e os ventos d'a Roseta
ourentaron-se ao esquenzo
...As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas d'o reloxe
...Pero tamén sabemos a maniobra
d'os navíos que fondean
a sotavento d'unha singladura
...N-o cuadrante estantío d'as estrelas
ficou parada esta hora:
...O cadavre d'o Mar
fixo d'o barco un cadaleito
.....Fume de pipa......... Saudade
.....Noite...... Silenzo.... Frio
.....E ficamos nós sós
.....Sin o Mar e sin o barco
.....nós.
Manuel Antonio: De catro a catro, 1926
Comentario do poema