Páxinas

venres, 17 de xaneiro de 2020

Padre Sarmiento


       
 

Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como frei Martín Sarmiento ( Vilafranca do Bierzo, 1695 – Madrid, 1772), foi un relixioso beneditino. Ademais foi escritor e lingüista. É considerado un dos pais da filoloxía románica en xeral e da galega en particular. É a figura máis relevante da Ilustración (século XVIII). As súas ideas sobre a lingua galega  amosan que foi unha persoa moi reflexiva e crítica, un verdadeiro avanzado ao seu tempo.



     IDEAS SOBRE A LINGUA

·         Análise das causas da introdución de castelán en Galicia
·         Crítica ao afastamento da igrexa da lingua galega e necesidade de reverter o proceso
·         Censura aos galegos que se avergoñan ou abandonan a súa lingua
·         Importancia da conservación da lingua materna
·         O galego como instrumento para estudar o latín e outras linguas romances
·         Defensa da validez dos acentos característicos das diferentes linguas
·         Constatación da importancia do galego a nivel literario na época medieval
·         A necesaria valoración da literatura galega medieval para contrarrestar o auto-odio
·         A compatibilidade da aprendizaxe e o emprego doutras linguas coa conservación da propia
·         O galego é unha lingua románica
·         Orixe común  do galego e do portugués: na época medieval  eran a mesma lingua
·         O portugués procede da lingua que se falaba na antiga Gallaecia
·         O abandono do uso escrito do galego non foi voluntario
·         Importancia das manifestacións de cultura popular (literatura de transmisión oral)
·         A utilidade do ensino na lingua materna
·      O necesario emprego do galego na administración co obxectivo de  mellorar a comunicación
·         A igualdade dos diferentes códigos lingüísticos: non hai linguas mellores nin peores
·         A necesidade de elaborar un modelo estándar culto en galego