O pasado 20 de abril faleceu a escritora Luz Pozo Garza. Nada en 1922, foi integrante da Promoción de Enlace, unha das
xeracións poéticas que sufriu a “longa
noite de pedra” da ditadura franquista.
Entre as súas obras destacan O paxaro na boca, Concerto de outono, Verbas
derradeiras, Códice Calixtino, Medea en Corinto.... A súa mensaxe, de raíz existencialista,
fálanos da soidade, o abandono e o desamor sen esquecer a preocupación polo pasado
e o futuro de Galicia.
A mellor homenaxe e mostra de recoñecemento
a unha escritora é a vixencia e a inmortalidade da súa obra. No seguinte poema, a referencia ao mito de
Medea, símbolo de muller autónoma e inusual, entronca coa reflexión sobre a súa natureza como muller inconformista e
contestaria, receptora do legado de Rosalía.
Ás veces me pregunto por que eu non son
Como as demais
mulleres: amar sen desacougo
Poñer en paz o
corazón e a mente
Agardar con
paciencia que baixen as augas
Nas crecidas
do río
Resignarse á
evidencia aceptar os desaires
E rezar en
silencio ou chorar entrementres
As bágoas máis
amargas enriba da almofada
Sempre
ocultando a ira. Sempre con mansedume
Cun sorriso
nos labios. Non. Eu non son daquelas
Que cantan ás
flores e ás pombas xa o sei
A min mátame a
sede. A min fáltame o aire
Levo un cravo
moi fondo de amor e de paixón
Nin o podo
arrincar que arrincaría a alma
Prendería o
lume que me queima por dentro
Eu non son
daquelas que cantan ás flores e ás pombas
Das que se
resignan ante o desamor
E rezan e
consomen bágoas sobre da almofada
Non! Eu son
Medea!
Luz Pozo
Garza, Medea en Corinto, 2002