venres, 30 de outubro de 2020

Cen anos de Nós

Hoxe cúmprense cen anos da publicación da revista Nós. A importancia desta data vén determinada polo inmenso labor que escritores como Castelao, Losada Diéguez, Cabanillas, Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas desenvolveron a través das súas páxinas. Este Boletín mensual supuxo na práctica a  modernización da cultura galega  e a súa reivindicación como unha célula máis na universalidade.


A publicación iniciada o 30 de outubro de 1920 mantívose ata o ano 1936, cando o estoupido da Guerra Civil truncou os seus devezos de cultura e galeguidade. O numero 144 non chegou a ser distribuído. O seu relativamente efémero paso non foi proporcional á súa transcendencia e podemos dicir que unha parte esencial da nosa historia está escrita nas súas páxinas.  
 
Máis información neste enlace.