Páxinas

domingo, 18 de febreiro de 2018

Camilo Díaz Baliño


Na quinta edición do Dïa da Ilustración o homenaxeado é Camilo Díaz Baliño (Ferrol, 1889 - Santiago de Compostela, 1936).


      
Nado en Ferrol en  1889, cursou estudos  de escenografía en Madrid e na Coruña.  Foi membro das Irmandades da Fala desde 1918, en 1920 estableceuse coa súa familia en Santiago de Compostela, onde compaxinou o deseño de decorados para representacións teatrais co de libros e o cartelismo. Alí, o seu taller de traballo na rúa das Hortas foi centro do galeguismo e núcleo dinamizador da cultura compostelá dos anos vinte e trinta do pasado século, , creador dun universo visual, influído pola arte relixiosa e o modernismo, no que reviviu os símbolos e mitos de Galicia procurando unha arte comprometida ao servizo do nacionalismo progresista no que militou. Foi unha  vítima máis  da terrible  represión franquista exercida contra os galeguista. Apareceu asasinado en  Palas de Rei o 14 de agosto de 1936. O escritor Manuel Rivas rende  na súa novela O lapis do carpinteiro unha homenaxe á súa figura. Foi o pai de Isaac Díaz Pardo.