Na quinta edición do Dïa da Ilustración o homenaxeado é Camilo Díaz Baliño (Ferrol, 1889 - Santiago de Compostela, 1936).
Nado en Ferrol en 1889, cursou estudos de escenografía en Madrid e
na Coruña. Foi membro das Irmandades da Fala desde 1918, en 1920
estableceuse coa súa familia en Santiago de Compostela, onde compaxinou o
deseño de decorados para representacións teatrais co de libros e o cartelismo.
Alí, o seu taller de traballo na rúa das Hortas foi centro do galeguismo e
núcleo dinamizador da cultura compostelá dos anos vinte e trinta do pasado
século, , creador dun universo visual, influído pola arte relixiosa e o modernismo,
no que reviviu os símbolos e mitos de Galicia procurando unha arte comprometida
ao servizo do nacionalismo progresista no que militou. Foi unha vítima
máis da terrible represión franquista exercida contra os
galeguista. Apareceu asasinado en Palas de Rei o 14 de agosto de 1936. O
escritor Manuel Rivas rende na súa novela O lapis do carpinteiro
unha homenaxe á súa figura. Foi o pai de Isaac Díaz Pardo.