Pedro
Xosé García Balboa, máis coñecido como frei Martín Sarmiento ( Vilafranca do
Bierzo, 1695 – Madrid, 1772), foi un relixioso beneditino. Ademais foi escritor
e lingüista. É considerado un dos pais da filoloxía románica en xeral e da
galega en particular. É a figura máis relevante da Ilustración (século XVIII). As súas ideas sobre a lingua galega amosan que foi unha persoa moi reflexiva e crítica, un verdadeiro avanzado ao seu tempo.
IDEAS SOBRE A LINGUA
· Análise das causas da introdución de castelán en Galicia
· Crítica ao afastamento da igrexa da lingua galega e necesidade de reverter o proceso
· Censura aos galegos que se avergoñan ou abandonan a súa lingua
· Importancia da conservación da lingua materna
· O galego como instrumento para estudar o latín e outras linguas romances
· Defensa da validez dos acentos característicos das diferentes linguas
· Constatación da importancia do galego a nivel literario na época medieval
· A necesaria valoración da literatura galega medieval para contrarrestar o auto-odio
· A compatibilidade da aprendizaxe e o emprego doutras linguas coa conservación da propia
· O galego é unha lingua románica
· Orixe común do galego e do portugués: na época medieval eran a mesma lingua
· O portugués procede da lingua que se falaba na antiga Gallaecia
· O abandono do uso escrito do galego non foi voluntario
· Importancia das manifestacións de cultura popular (literatura de transmisión oral)
· A utilidade do ensino na lingua materna
· O necesario emprego do galego na administración co obxectivo de mellorar a comunicación
· A igualdade dos diferentes códigos lingüísticos: non hai linguas mellores nin peores
· A necesidade de elaborar un modelo estándar culto en galego