luns, 16 de marzo de 2020

Lingua de reis, lingua do pobo (3º ESO)

 No seguinte enlace pódese acceder ao capítulo 5 de Historias de Galicia:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-5-lingua-de-reis-lingua-do-pobo

FICHA DE ANÁLISE DO DOCUMENTAL


1. De que lingua provén o galego? Cando se comezou a  falar e a escribir?
2. Quen foi Afonso X O Sabio? Que obra escribiu e en que lingua? En que século?
3 Que outras composicións son importantes neste período? En que lingua están escritas? Cal era a súa temática? Quen eran os seus autores?
4. Que dous códices se mencionan no texto? Onde se conservan? Cales son as súas características?
5. Na época medieval, que lingua falaban os nobres galegos?  En que lingua se redactaban os documentos? Cal era, polo tanto a situación da lingua?
6.  Que significa o feito de  que exista un panteón real na catedral de Santiago?
7. Que importancia teñen o Camiño de Santiago e as peregrinacións a Compostela dende o punto de vista cultural?
8. Que consecuencias trae para Galicia  e para o galego que Portugal se constitúa como reino independente?
9. A partir de que século se introduce o castelán en Galicia?
10. Explica coas túas palabras o que pretende representar o presentador do programa co taboleiro de xadrez.


 11. Como se chama a segunda etapa da literatura galega? Cantos séculos dura?
12. Comenta a situación da lingua a nivel oral e escrito   atendendo ás diferentes clases sociais.
13. Que personaxe destaca pola súa defensa da lingua nesta etapa? En que século viviu?
14. Nesta época, que lingua se estudaba na escola?
 15. Como se chama a terceira etapa da lingua e literatura galegas? Xustifica o termo.
16. Cal é a obra máis importante da nosa historia? Por  que é tan excepcional?
17.  Cal é o obxectivo da autora ao escribir esta obra?
18. Quen é Manuel Murguía? A quen representa?
19. Cales son as etapas da literatura galega? Relaciónaas cos séculos correspondentes.
20. Fai un esquema onde recollas etapas, séculos, situación da lingua (a nivel oral e escrito) e autores e obras máis representativas.