http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-5-lingua-de-reis-lingua-do-pobo
FICHA DE ANÁLISE DO DOCUMENTAL
1. De que lingua
provén o galego? Cando se comezou a falar e a escribir?
2. Quen foi Afonso
X O Sabio? Que obra escribiu e en que lingua? En que século?
3 Que outras
composicións son importantes neste período? En que lingua están escritas? Cal
era a súa temática? Quen eran os seus autores?
4. Que dous códices
se mencionan no texto? Onde se conservan? Cales son as súas características?
5. Na época
medieval, que lingua falaban os nobres galegos?
En que lingua se redactaban os documentos? Cal era, polo tanto a
situación da lingua?
6. Que significa o feito de que exista un panteón real na catedral de
Santiago?
7. Que importancia teñen o Camiño de Santiago e as peregrinacións a
Compostela dende o punto de vista cultural?
8. Que consecuencias trae para Galicia e para o galego que Portugal se constitúa como
reino independente?
9. A partir de que século se introduce o castelán en Galicia?
10. Explica coas túas palabras o que pretende representar o presentador
do programa co taboleiro de xadrez.
11. Como se chama a segunda etapa da
literatura galega? Cantos séculos dura?
12. Comenta a
situación da lingua a nivel oral e escrito atendendo
ás diferentes clases sociais.
13. Que personaxe
destaca pola súa defensa da lingua nesta etapa? En que século viviu?
14. Nesta época,
que lingua se estudaba na escola?
15. Como se chama a terceira etapa da lingua e
literatura galegas? Xustifica o termo.
16. Cal é a obra
máis importante da nosa historia? Por
que é tan excepcional?
17. Cal é o obxectivo da autora ao escribir esta
obra?
18. Quen é Manuel
Murguía? A quen representa?
19. Cales son as
etapas da literatura galega? Relaciónaas cos séculos correspondentes.
20. Fai un esquema
onde recollas etapas, séculos, situación da lingua (a nivel oral e escrito) e
autores e obras máis representativas.