Páxinas

domingo, 22 de marzo de 2020

Os nenos da varíola e a Operación Balmis


Mentres agardamos poder retomar a actividade escolar temos que adaptarnos á nova situación  de illamento determinada pola pandemia que percorre o mundo.
Unha das medida adoptadas en España para loitar contra o andazo do coronavirus foi a de decidir que o exército colaborase coas forzas de seguridade para protexer á cidadanía. Esta atuación do exército denomínase Operación Balmis, na honra do doutor do mesmo nome que levou a América a vacina da varíola nos corpos de vinte e dous nenos galegos orfos. A expedición partiu do porto da Coruña no ano 1803 e conseguiu coa súa xesta salvar moitas vidas.
A lectura é, nas actuais circunstancias máis ca nunca, unha fantástica maneira de evadirnos un chisquiño a través das historias que nos transportan no tempo e no espazo. 
A continuación, un booktráiler elaborado por Ariadna Fernández sobre a obra de María Solar que leva por título Os nenos da varíola inspirada na historia da Expedición Balmis.