Mentres
agardamos poder retomar a actividade escolar temos que adaptarnos á nova
situación de illamento determinada pola pandemia que percorre o mundo.
Unha
das medida adoptadas en España para loitar contra o andazo do coronavirus foi a
de decidir que o exército colaborase coas forzas de seguridade para protexer á
cidadanía. Esta atuación do exército denomínase Operación Balmis, na
honra do doutor do mesmo nome que levou a América a vacina da varíola nos corpos
de vinte e dous nenos galegos orfos. A expedición partiu do porto da Coruña no
ano 1803 e conseguiu coa súa xesta salvar moitas vidas.
A
lectura é, nas actuais circunstancias máis ca nunca, unha fantástica maneira de evadirnos un
chisquiño a través das historias que nos transportan no tempo e no
espazo.
A
continuación, un booktráiler elaborado por Ariadna Fernández sobre a obra de
María Solar que leva por título Os nenos da varíola inspirada na
historia da Expedición Balmis.