Páxinas

sábado, 8 de maio de 2021

Un achegamento a Xela Arias (Cuestionario)


Xela Arias. A Palabra esgazada. Cap. 1: https://www.youtube.com/watch?v=VzHzgjvGH0g

Xela Arias. A Palabra esgazada. Cap. 5: https://www.youtube.com/watch?v=mqTqvC-7N5U

Telexornal Xela Arias ( CPI dos Dices): https://www.youtube.com/watch?v=7sgoIh6vAqA

 

      Datos biográficos

1.      Onde  e cando naceu? En que outros lugares viviu?

2.      Que característica especial tiña a escola onde foi profesor seu pai?

3.      En que colexio estudou Xela ? Como era o método de ensino?

4.   Como era asumido pola sociedade da época que unha nena como  Xela falase en galego? En que texto reflexiona seu pai sobre ese feito?

       O mundo da poesía

5.     Temas destacados presentes na súa poesía.

6.     Pertenceu a algunha xeración poética concreta? Cales foron as xeracións coas que conviviu?

7.     Cal foi o seu primeiro libro? Que novos escenarios introduciu?

8.     Cales son os outros  títulos poéticos da autora?

9.  Que pretendeu coa unión de poesía e fotografía en Tigres coma cabalos?

10.  Que libro lle dedicou ao seu fillo? Como concibiu a maternidade?

  A edición e a tradución

11. Ademais de poeta, en que outros ámbitos destacou? En que consistía o seu traballo?

12. En que editorial traballou?

13. Por que foi tan importante o seu labor como tradutora?

14. Nomea algúns dos libros que traduciu. Que tivo en conta para escoller esas obras?

       A súa personalidade

15.  Que libro escribiu Yolanda Castaño sobre a  vida da autora? Que idea pretendeu transmitir co  título?

16.  En que causas sociais participou de xeito activo?

17.  Describe a personalidade da autora adxudicándolle tres adxectivos.