martes, 17 de maio de 2022

A festa das nosas letras

Este ano 2022 a festa das nosas letas e da nosa cultura esta dedicada ao autor Florencio Delgado  Gurriarán. A súa historia fálanos da guerra e do exilio, do galeguismo comprometido e do amor infinito pola súa terra. O autor foi unha ponte entre os galegos que viviron o exilio exterior e os que quedaron aquí sufrindo a represión franquista. A  súa actividade literaria e cultural é unha proba desa conexión sen a que non se pode entender a nosa historia recente.

O 17 de maio é, indubidablemente, un día de exaltación da nosa lingua a través da literatura, unha data para recoñecer a importancia deses homes e mulleres que nunhas condicións adversas loitaron polo que crían e mantiveron firmes as súas conviccións; unha data na que todas e todos debemos lembrar que, como dixo Castelao, “Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma”.