O que arde
(Óliver Laxe)
SINOPSE: Amador é un home de mediana idade que acaba de cumprir condena por provocar un incendio. Regresa á súa casa onde vive a súa anciá nai (Benedicta) nunha aldea remota e illada montaña lucense. A acollida sen petición de explicacións por parte da nai contrasta coa actitude dalgúns veciños do pobo que semella moi condicionada polo seu pasado incendiario. O seu carácter introspectivo e pouco comunicativo condiciona o desenvolvemento dos acontecementos cando se cerne sobre o pobo de novo a lacra do lume destrutor.
- Título orixinal: O que arde
- Ano: 2019
- Duración: 85 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Oliver Laxe
- Guión: Oliver Laxe, Santiago Fillol
- Elenco: Amador Arias, Benedicta Sánchez, Inazio Abrao, Elena Fernández, David de Poso, Álvaro de Bazal
- Montaxe: Cristóbal Fernández
- Dirección de arte: Samuel Lema, Curru Garabal
- Vestiario: Nadia Acimi
- Son: David Machado, Sergio da Silva, Amanda Villavieja, Xavi Souto
- Fotografía: Mauro Herce
- Produtora: varias (España, Francia, Luxemburgo)
- Distribuidora: NUMAX Distribución
- Recadación: 564.854,21 €
- Espectadores: 104.345
Palmarés:
· Cannes 2019 (Premio do Xurado)
· Premios Goya 2020 ( Dirección de Fotografía e Actriz Revelación)
· Premios Gaudí 2020 (Mellor Filme Europeo),
· Sant Jordi 2020 (Mellor Filme Español),
· Mar del Plata 2019 (Mellor Filme e Guión)
· Chicago 2019 (Mellor Deseño Sonoro)
· Tesalónica 2019 (Mellor Filme e Actor)
· Donostia 2019 (Perlas; Premio San Sebastián-Gipuzkoa Film Comission),
· Toronto 2019 (Wavelenght)
· Nova York 2019, Karlovy Vary 2019
ANÁLISE DA PELÍCULA
PERSONAXES
AMADOR: expirómano que regresa á casa despois de cumprir condena. Pouco comunicativo e moi pechado en si mesmo. Semella arrastrar un pasado chea de dor e de sufrimento. Tenta refacer a súa vida iniciando unha relación coa veterinaria pero o seu pasado delituoso destrúe esa posibilidade.
BENEDICTA: unha muller anciá que vive en contacto coa natureza nun entorno rural e agreste. Acolle ao seu fillo despois de saír do cárcere cunha actitude comprensiva e ausente de reproches. Declárase moi feliz polo regreso de Amador e preocúpase por el tentando favorecer a súa integración social.
HELENA: é a veterinaria da zona. Coñece a Amador despois de axudarlle a salvar a unha vaca que quedara présa nun regato. En principio parece iniciar unha amizade con el que arrefriará despois de saber quen é e cales son os seus antecedentes.
VECIÑOS: Adoptan unha actitude maioritariamente cautelosa e distante, con contadas excepcións. Algúns búrlanse del e do seu pasado como preso na cadea. A identificación de Amador como pirómano provoca que o sinalen como o autor previsible do incendio que se produce despois da saída do cárcere.
TEMAS
- A convivencia e a integración social
- Os prexuízos e estereotipos asociados ás persoas que estiveron no cárcere
- A presunción de inocencia
- Os xuízos mediáticos
- A visibilización das enfermidades mentais
- A valoración do medio rural e a actitude ecolóxica
- A importancia da familia como apoio esencial ante as adversidades
ALGUNHAS IDEAS PARA O COMENTARIO CRÍTICO
o Como cres que se sente unha persoa que se ve prexulgada?
o O dereito á presunción de inocencia (in dubio, pro reo)
o As enfermidades psicolóxicas e a integración social
o A especulación co prezo da madeira e os incendios provocados
Análise da escena inicial e relación co tema
o Fai unha valoración crítica do comportamento da contorna do protagonista
Análise da actitude da nai, da veterinaria e do resto da veciñanza
o A importancia do medio rural, as agresións e o concepto de crecemento sostible.