Amosando publicacións coa etiqueta Día das letras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das letras. Amosar todas as publicacións

sábado, 13 de maio de 2023

Sobre Fernández del Riego

Pablo Astray, alumno de 1º Bach A,  achéganos á figura do autor homenaxeado.

 



martes, 17 de maio de 2022

A festa das nosas letras

Este ano 2022 a festa das nosas letas e da nosa cultura esta dedicada ao autor Florencio Delgado  Gurriarán. A súa historia fálanos da guerra e do exilio, do galeguismo comprometido e do amor infinito pola súa terra. O autor foi unha ponte entre os galegos que viviron o exilio exterior e os que quedaron aquí sufrindo a represión franquista. A  súa actividade literaria e cultural é unha proba desa conexión sen a que non se pode entender a nosa historia recente.

O 17 de maio é, indubidablemente, un día de exaltación da nosa lingua a través da literatura, unha data para recoñecer a importancia deses homes e mulleres que nunhas condicións adversas loitaron polo que crían e mantiveron firmes as súas conviccións; unha data na que todas e todos debemos lembrar que, como dixo Castelao, “Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma”.



sábado, 8 de maio de 2021

Un achegamento a Xela Arias (Cuestionario)


Xela Arias. A Palabra esgazada. Cap. 1: https://www.youtube.com/watch?v=VzHzgjvGH0g

Xela Arias. A Palabra esgazada. Cap. 5: https://www.youtube.com/watch?v=mqTqvC-7N5U

Telexornal Xela Arias ( CPI dos Dices): https://www.youtube.com/watch?v=7sgoIh6vAqA

 

      Datos biográficos

1.      Onde  e cando naceu? En que outros lugares viviu?

2.      Que característica especial tiña a escola onde foi profesor seu pai?

3.      En que colexio estudou Xela ? Como era o método de ensino?

4.   Como era asumido pola sociedade da época que unha nena como  Xela falase en galego? En que texto reflexiona seu pai sobre ese feito?

       O mundo da poesía

5.     Temas destacados presentes na súa poesía.

6.     Pertenceu a algunha xeración poética concreta? Cales foron as xeracións coas que conviviu?

7.     Cal foi o seu primeiro libro? Que novos escenarios introduciu?

8.     Cales son os outros  títulos poéticos da autora?

9.  Que pretendeu coa unión de poesía e fotografía en Tigres coma cabalos?

10.  Que libro lle dedicou ao seu fillo? Como concibiu a maternidade?

  A edición e a tradución

11. Ademais de poeta, en que outros ámbitos destacou? En que consistía o seu traballo?

12. En que editorial traballou?

13. Por que foi tan importante o seu labor como tradutora?

14. Nomea algúns dos libros que traduciu. Que tivo en conta para escoller esas obras?

       A súa personalidade

15.  Que libro escribiu Yolanda Castaño sobre a  vida da autora? Que idea pretendeu transmitir co  título?

16.  En que causas sociais participou de xeito activo?

17.  Describe a personalidade da autora adxudicándolle tres adxectivos.

 

xoves, 6 de maio de 2021

Telexornal Xela Arias

 Un ano máis compartimos o excelente traballo realizado polo CPI dos Dices. 


venres, 15 de maio de 2020

Vida e obra de Ricardo Carvalho Calero II

Martín Pérez  (1º Bach A)  afonda nas etapas vitais do autor e no seu lado máis íntimo a través dos seus poemas na seguinte presentación: 

 
 

martes, 12 de maio de 2020

Vida e obra de Ricardo Carvalho Calero

 
 Nadia Fernández Blanco (1º Bach B) ofrécenos un interesante e completo achegamento á vida e obra de Ricardo Carvalho Calero.
 

venres, 8 de maio de 2020

Día das Letras 2020: Ricardo Carvalho Calero






 

Despois de ver o telexornal escolar realizado polo CPI dos Dices responde ás seguintes cuestións: 
1.      Que nome levou a  exposición realizada na cidade natal de Ricardo Carvalho Calero? Cal era o seu obxectivo?
2.      Como entrou o autor en contacto  co galeguismo?
3.      Que xéneros literarios cultivou? Achega, como mínimo, un exemplo de cada un.
4.      De que maneira foi represaliado no franquismo?
5.      En que cidade estableceu a súa residencia durante 15 anos? Onde traballou nesta etapa da súa vida? Que cargo desempeñou?
6.      Cal é a súa obra fundamental como crítico literario? Onde radica  a súa importancia para a literatura galega?
7.      Que é o reintegracionismo? Cal foi o seu papel con respecto a esta tendencia?
8.      Comenta e pon exemplos  da presenza dos elementos biográficos nas súas obras.
9.      Cal foi a ocupación profesional de Carvalho Calero nos derradeiros anos da súa vida? En que consistía a súa tarefa?
10.  Redacta coas túas palabras unha breve biografía do autor facendo referencia ás súas principais obras (extensión aproximada 8 liñas)
Ademais do telexornal podes buscar información nas seguintes páxinas:

mércores, 12 de xuño de 2019

martes, 15 de maio de 2018

Día das Letras 2018


 Leonardo Ríos  (4º ESO B) contribúe con este vídeo ás múltiples homenaxes  a María Victoria Moreno que estes días percorren a rede.

sábado, 3 de xuño de 2017

Carlos Casares

Unha presentación moi completa sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano 2017

xoves, 24 de abril de 2014

mércores, 2 de abril de 2014