Pablo Astray, alumno de 1º Bach A, achéganos á figura do autor homenaxeado.
Pablo Astray, alumno de 1º Bach A, achéganos á figura do autor homenaxeado.
O Dia da Liberdade. A Revolução dos Cravos (25 de abril)
O Dia da Liberdade é uma data muito importante para Portugal e para o povo português. Esta celebração ocorre no dia 25 de abril de cada ano, em comemoração ao fim da ditadura liderada por António de Oliveira Salazar, que durou quase 50 anos, desde 1926 até 1974.
Em 25 de abril de 1974, um grupo de militares liderou uma revolução pacífica que pôs fim ao regime ditatorial em Portugal. Este movimento ficou conhecido como a "Revolução dos Cravos", pois as pessoas colocaram cravos nas espingardas dos soldados como um sinal de paz e liberdade.
Desde então, Portugal tem sido um país democrático, onde as pessoas podem expressar suas opiniões e escolher seus líderes através de eleições livres e justas.
O Dia da Liberdade é um lembrete de que a liberdade e a democracia são valores fundamentais que devem ser defendidos e protegidos em todos os momentos. É um dia para celebrar a coragem e a determinação do povo português em lutar por seus direitos e por um futuro melhor.
“Grândola, Vila Morena”, a canção que marcou a história de um povo
"Grândola, Vila Morena" é uma das mais emblemáticas e importantes canções da música portuguesa. Foi escrita pelo músico e compositor português Zeca Afonso em 1972, em pleno regime ditatorial. O país vivia sob uma forte censura, com liberdades civis limitadas e restrições à liberdade de expressão. A música e a cultura em geral eram controladas e utilizadas como ferramentas de propaganda pelo regime.
A canção "Grândola, Vila Morena" foi escrita como uma homenagem à cidade de Grândola, no sul de Portugal, e à sua população, que Zeca Afonso considerava um exemplo de resistência contra o regime opressivo. A letra fala de um povo unido e solidário, que trabalha duro e que é capaz de lutar por uma vida melhor. Na ditadura considerou-se como uma expressão do partido comunista e, pelo tanto, foi proibida.
A composição foi escolhida como o sinal para o início da Revolução dos Cravos, que derrubou o regime ditatorial em 25 de abril de 1974. Naquela noite, as Forças Armadas portuguesas ocuparam a rádio pública e transmitiram a canção "Grândola, Vila Morena" várias vezes, como um sinal para todos os que lutavam pela liberdade e pela democracia em Portugal.
A cidade de Grândola e seus habitantes são como um símbolo de luta e resistência contra a ditadura, destacando a importância da unidade e da solidariedade entre as pessoas. A letra celebra a liberdade e a esperança, e se tornou um hino da revolução, sendo cantada por milhares de pessoas nas ruas em Portugal após a queda do regime.
"Grândola, Vila Morena" é uma composição que representa a luta pela liberdade e pela democracia em Portugal, e se tornou um símbolo da Revolução dos Cravos e de uma das páginas mais importantes da história do país.
Xoán A. Soler
Máis información sobre o tema:
- Enlace a artigo de GCiencia
- Enlace a artigo de opinión de Maria Canosa
O Día da Ilustración 2023 está dedicado á pintora María Antonia Dans (1922-1988).
A artista tivo unha especial vinculación con Curtis, onde residiu boa parte da súa infancia e xuventude. As vivencias, cores e paisaxes galegas ocupan un lugar esencial na súa obra.
Salma Mariño ofrécenos esta interesante achega ao autor homenaxeado nesta edición do Día das Letras. Parabéns polo traballo!
Este ano 2022 a festa das nosas letas e da nosa cultura esta dedicada ao autor Florencio Delgado Gurriarán. A súa historia fálanos da guerra e do exilio, do galeguismo comprometido e do amor infinito pola súa terra. O autor foi unha ponte entre os galegos que viviron o exilio exterior e os que quedaron aquí sufrindo a represión franquista. A súa actividade literaria e cultural é unha proba desa conexión sen a que non se pode entender a nosa historia recente.
O 17 de maio é, indubidablemente, un día de exaltación da nosa lingua a través da literatura, unha data para recoñecer a importancia deses homes e mulleres que nunhas condicións adversas loitaron polo que crían e mantiveron firmes as súas conviccións; unha data na que todas e todos debemos lembrar que, como dixo Castelao, “Se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma”.
A lavandeira de San Simón (álbum ilustrado)
Ficha técnica
Autoras: Eva Mejuto e Bea Gregores
Editorial: Xerais
Colección: Pequena Memoria
Ano de publicación: 2020
32 páxinas
CUESTIÓNS PREVIAS:
· Que é unha “guerra civil”?
· Cando comezou a Guerra Civil española? Cantos anos durou? A que bandos enfrontou?
· Que outros conflitos bélicos producidos ao longo do século XX podes indicar?
· E na actualidade?
· Quen decide iniciar unha guerra? Que motivos cres que poden provocala?
· Cales son as consecuencias? Quen as sofre?
· Onde se sitúa a illa de San Simón?
RESUMO:
Galicia, despois da Guerra Civil. Unha meniña chamada Teresa ve cada mércores como a súa nai fai unha travesía en barco ata á illa de San Simón levando comida e alimentos. O seu pai está desaparecido dende a guerra, aparentemente emigrado a América. Nunha ocasión, a nai accede a que a meniña vaia con ela e, no traxecto ata a illa, coñece a un rapaz chamado Xulio que acompaña á súa nai na visita semanal ao pai encarcerado. Cando chegan, a meniña descobre a cruel realidade dos presos que sobreviven grazas á axuda solidaria e desinteresada de mulleres coma a súa nai. Alí asiste tamén a un intento de fuxida frustrado polos gardas. A viaxe de regreso ao continente evidencia a tristura de Xulio pola separación familiar e o intento de consolo de Teresa asociado á lembranza do seu pai ausente. Iníciase deste xeito unha relación de amizade entre os dous meniños, vítimas inocentes das crueis consecuencias da guerra. Unha amizade que supón unha pequena luz no medio da escuridade.
TEMAS:
· As consecuencias das guerras
· A solidariedade cos desfavorecidos
· A separación familiar
· A intolerancia ideolóxica
· A exclusión social
· O respecto aos dereitos humanos e a liberdade de pensamento
PERSONAXES:
TERESA: é unha nena que vive coa súa nai, xa que o seu pai está desaparecido dende o comezo da guerra. A figura paterna está idealizada e, aínda que se lamenta pola ausencia de noticias, lémbrao a través dun libro co que a agasallou antes de marchar. Parece unha rapaza sensible e alegre, demasiado pequena para ser consciente da cruel realidade que a rodea, aínda que empeza a intuíla. Os valores da solidariedade inculcados a través do exemplo materno son evidentes na súa actitude ante o sufrimento alleo.
NAI: traballa de lavandeira (“limpando a roupa sucia dos demais”) e aturando o desprezo social (“eu sei que hai xente que non a mira ben”). Tenta que a súa filla non sexa totalmente consciente da realidade e, en principio, é remisa a que a acompañe na travesía á illa. Tamén evita darlle explicacións sobre o paradoiro do pai. Ten unha actitude de implicación solidaria cos presos e tenta compartir o pouco que ten cos que teñen menos ca ela, quizais un xeito de consolo ao pensar que alguén poida estar facendo o mesmo co seu home.
XULIO: rapaz de curta idade que acompaña á nai a visitar ao seu pai preso no cárcere. Este foi denunciado pola súa ideoloxía e ameazado de morte pola Garda Civil. A separación do pai e a imposibilidade de que volva con eles á casa provoca unha fonda tristura en Xulio. Semella un rapaz moi maduro e consciente da complicada situación familiar. Amosa a súa solidariedade ao gardar para a súa irmá parte do cornecho que Teresa lle dá para consolalo.
COMENTARIO CRÍTICO:
· Máis datos sobre a represión exercida na ditadura franquista e información sobre o libro: http://sansimon.evamejuto.com/
Cuestións posteriores á lectura susceptibles de debate:
· Valores transmitidos na obra
Que valores representa o personaxe da nai? Cal é a actitude da filla respecto ao seu traballo? Observas algún tipo de evolución no comportamento da nena?
· A invisibilidade e a falta de recoñecemento do traballo feminino
Investiga sobre traballos exercidos tradicionalmente pola mulleres na contorna e sobre o escaso ou nulo recoñecemento social e económico (queixeira, gandeira, xornaleira, ama de cría...)
· As terribles consecuencias das guerras: separacións familiares, problemas económicos
Comparación entre a situación sufrida na Guerra Civil por moitos meniños e meniñas filllos de republicanos que foron levados a Rusia e o actual conflito de Ucraína (Tristes armas de Marina Mayoral)
· O exiliados, os refuxiados políticos, os “topos” (referencia ás longametraxes La voz dormida y La trinchera infinita)
· O réximes totalitarios e a lexitimidade da crueldade
Relación co nazismo e os chamados “ crimes de guerra”
• A importancia do respecto ás diferenzas ideolóxicas; o diálogo como ferramenta para a paz (relación coa película A lingua das bolboretas)
Reflexión sobre a importancia da educación e da transmisión en valores como garante da convivencia pacífica• A literatura como transmisora do coñecemento e das etapas da historia