venres, 8 de maio de 2020

Día das Letras 2020: Ricardo Carvalho Calero






 

Despois de ver o telexornal escolar realizado polo CPI dos Dices responde ás seguintes cuestións: 
1.      Que nome levou a  exposición realizada na cidade natal de Ricardo Carvalho Calero? Cal era o seu obxectivo?
2.      Como entrou o autor en contacto  co galeguismo?
3.      Que xéneros literarios cultivou? Achega, como mínimo, un exemplo de cada un.
4.      De que maneira foi represaliado no franquismo?
5.      En que cidade estableceu a súa residencia durante 15 anos? Onde traballou nesta etapa da súa vida? Que cargo desempeñou?
6.      Cal é a súa obra fundamental como crítico literario? Onde radica  a súa importancia para a literatura galega?
7.      Que é o reintegracionismo? Cal foi o seu papel con respecto a esta tendencia?
8.      Comenta e pon exemplos  da presenza dos elementos biográficos nas súas obras.
9.      Cal foi a ocupación profesional de Carvalho Calero nos derradeiros anos da súa vida? En que consistía a súa tarefa?
10.  Redacta coas túas palabras unha breve biografía do autor facendo referencia ás súas principais obras (extensión aproximada 8 liñas)
Ademais do telexornal podes buscar información nas seguintes páxinas: