No seguintes enlaces pódese acceder a unha escolma de poemas do poeta Manuel María relacionados coa temática da natureza:
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 21 de xaneiro de 2018
domingo, 9 de outubro de 2016
sábado, 30 de abril de 2016
Aí vén o maio
Ahi ven o maio
de frores cuberto
puxeronse a porta
cantandome os nenos
os puchos furados
pra min extendendo
pedironme crocas
dos meus castiñeiros
Pasai rapaciños
calados e credos
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño
eu sonvos o probe:
o povo galego
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno.
Cando eu me atopare
de donos liberto
que o pan non mo quiten,
trabucos e prestemos
que, coma os do abade,
frorezan meus eidos
chegado haberá enton
o maio que eu quero.
Queredes castañas
dos meus castiñeiros
cantademe un maio
sen bruxas nin demos
un maio sen segas,
usuras nin preitos
nin foros nin cregos.
de frores cuberto
puxeronse a porta
cantandome os nenos
os puchos furados
pra min extendendo
pedironme crocas
dos meus castiñeiros
Pasai rapaciños
calados e credos
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño
eu sonvos o probe:
o povo galego
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno.
Cando eu me atopare
de donos liberto
que o pan non mo quiten,
trabucos e prestemos
que, coma os do abade,
frorezan meus eidos
chegado haberá enton
o maio que eu quero.
Queredes castañas
dos meus castiñeiros
cantademe un maio
sen bruxas nin demos
un maio sen segas,
usuras nin preitos
nin foros nin cregos.
Manuel Curros
Enríquez: Aires da miña terra
luns, 30 de novembro de 2015
Comentario dunha cantiga de amor
Se eu podesse desamar
a quen me sempre desamou,
e podess’ algún mal buscar
a quen mi sempre mal buscou!
Assy me vingaria eu,
se eu podesse coyta dar,
a quen mi sempre coyta deu.
Mays sol non posso eu enganar
meu coraçon que m’ enganou,
per quanto mi faz desejar
a quen me nunca desejou.
E per esto non dormio eu,
porque non poss’ eu coita dar
a quen mi sempre coyta deu.
Mays rog’ a Deus que desampar
a quen mh´assy desamparou,
ou que podess´eu destorvar
a quen me sempre destorvou.
E logo dormiria eu,
se eu podesse coyta dar,
a quen mi sempre coyta deu.
Vel que ousass’ en preguntar
a quen me nunca preguntou,
per que me fez en ssy cuydar,
poys ela nunca en min cuydou.
E por esto lazero eu,
porque non poss’ eu coyta dar,
a quen mi sempre coyta deu.
a quen me sempre desamou,
e podess’ algún mal buscar
a quen mi sempre mal buscou!
Assy me vingaria eu,
se eu podesse coyta dar,
a quen mi sempre coyta deu.
Mays sol non posso eu enganar
meu coraçon que m’ enganou,
per quanto mi faz desejar
a quen me nunca desejou.
E per esto non dormio eu,
porque non poss’ eu coita dar
a quen mi sempre coyta deu.
Mays rog’ a Deus que desampar
a quen mh´assy desamparou,
ou que podess´eu destorvar
a quen me sempre destorvou.
E logo dormiria eu,
se eu podesse coyta dar,
a quen mi sempre coyta deu.
Vel que ousass’ en preguntar
a quen me nunca preguntou,
per que me fez en ssy cuydar,
poys ela nunca en min cuydou.
E por esto lazero eu,
porque non poss’ eu coyta dar,
a quen mi sempre coyta deu.
PERO DA PONTE
Cantiga pertencente á lírica galego-portuguesa medieval da
autoría de Pero da Ponte. Encadrable pola súa temática (amorosa) e pola
voz lírica (masculina ) dentro do xénero
das cantigas de amor. É unha cantiga
monologada, xa que non está dirixida a ningún destinatario en concreto
(auditorio indeterminado). Destaca especialmente a ausencia da característica
marca de xénero: a palabra senhor.
Dende o punto de vista
formal a cantiga está composta por catro estrofas que constan de cinco versos de corpo de estrofa e un refrán de dous. O esquema métrico é ababc RR, con rima consonante e
versos octosílabos. O refrán
presenta unha variación no primeiro dos versos, sendo iguais o das estrofas primeira e terceira e o da segunda e cuarta. Todo
o poema presenta o artificio do mozdobre de maneira constante: desamar- desamou, buscar- buscou, dar- deu…
O tema pódese
concretar no seguinte enunciado: as consecuencias do desamor e o desexo de
vinganza. Destaca a presenza da chamada coita amorosa (e por esto lazero eu), é dicir a mágoa e a pena provocadas por un
amor non correspondido. Asemade aparece a reserva da dama (a quen me sempre desamou), a actitude de desdén e indiferenza coa
que a muller trata ao seu pretendente.
Curiosamente non está presente no
texto a loanza da dama e hai unha
estraña interpretación do amor do poeta por ela. Para o falante lírico parece coma se o feito de estar namorado de tal dama fose
unha maldición que este quixese exorcizar. Ademais, semella como se a única
satisfacción posíbel ante a desgraza de ter caído nas redes do seu amor fose a
vinganza.
O trobador manifesta un estado de desesperación total ante a
imposibilidade de lograr a correspondencia do seu amor. En contra do tópico de
suplicar á dama que teña compaixón del, o namorado opta por centrar as súas
iras na senhor e tentar infrinxirlle tanto dano como ela lle está a infrinxir a
el. Ela preséntase como inflexible e totalmente indiferente ao sufrimento do
coitado namorado.
A cantiga está construída baseándose no recurso da antítese.
Isto reflíctese no procedemento xa sinalado do mozdobre. O nó esencial da
composición está na diferenza de comportamentos entre o home e a muller. Mentres el nos explica a súa constante
vasalaxe e submisión á dama, esta non cede nin un chisco ás súas pretensións.
Para finalizar a
análise do contido, cómpre sinalar a aparición do tópico do insomnio
equiparable á loucura ou á morte por amor (consecuencias dun amor ingrato).
Como conclusión, podemos dicir que nos atopamos ante unha
composición pertencente ao xénero da cantiga de amor que ten un certo carácter
atípico tanto pola orixinal presentación do tema (desamor) como pola propia
estrutura (ausencia da palabra senhor).
domingo, 22 de novembro de 2015
GUÍA DE COMENTARIO PARA A CANTIGA DE AMIGO
I Introdución e
xustificación do xénero
- · Autor
- · Época
- · Xénero
II Análise formal
- · Descrición da cantiga (estrofas, número de versos, refrán ou mestría)
- · Métrica
- · Esquema de rima
- · Procedementos de repetición: paralelismo e leixaprén
III Análise do contido
- · Quen é o falante lírico?
- · A quen se dirixe?
- · Cal é o tema ou temas que aparecen na composición? Indica se son principais ou secundarios
- · Subxéneros
- · Clasificación segundo o modo poético
- · Caracterización dos personaxes
- · A función da natureza
Cómpre recoller de
xeito resumido as características máis
salientables dos apartados expostos anteriormente. Pódense destacar
aqueles aspectos que singularicen a composición (se é o caso) ou remarcar o seu
carácter tradicional.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)