venres, 20 de marzo de 2020

Guía para detectar noticias falsas

1.Desconfía dos titulares: Os títulos rechamantes, con afirmacións inverosímiles e impactantes, símbolos de exclamación, maiúsculas... poden ser moi probablemente noticias falsas.
2.Examina o URL: Como moitos dos sitios de noticias falsas imitan medios auténticos, é importante fixarse coidadosamente no enderezo para advertir posibles suplantacións.
3.Investiga a fonte da noticia: Se non coñeces a organización que proporciona a información e non tes detalles sobre a súa boa reputación en materia de veracidade, podes estar fronte a un instrumento de desinformación.
4.Presta atención ao formato: Deseños estraños e faltas de ortografía xeneralizadas poden ser indicativos dunha noticia falsa. 
 
5.Analiza as fotos: Ás veces poden ser manipulacións ou estar sacadas de contexto. Se contan con liñas debuxadas pode ser indicio de modificación.
6.Revisa as datas: As noticias falsas poden ter unha cronoloxía sen sentido ou incluír datas que foron alteradas; pode tratarse de temas pasados que se distribúen facéndoos pasar por actuais.
7.Verifica os feitos: É interesante contrastar as fontes dos autores da información, na medida do posible, para confirmar que un feito tivo lugar. Sen probas ou con fontes ocultadas, poida que se trate dunha fake news.
8.Consulta outros medios: Se a historia soamente se atopa nun lugar, non é ningunha exclusiva e ningún outro medio está a facerse eco, poida que sexa falsa. Desconfía dos relatos únicos.
9.A historia é unha broma? En ocasións non estaremos ante noticias falsas, senón ante sitios de humor que contan bromas en forma de noticias. Hai que asegurarse que a fonte da información non é unha web de sátira ou parodia.
10.Algunhas historias son falsas de forma intencionada. Cómpre manter unha actitude crítica á hora de ler unha información e compartir soamente aquelas noticias que pensemos que son cribles.
                         Consellos de Facebook para evitar as Fake news (Adaptación)
  1. Resume brevemente o contido, propón un título alternativo e indica cal é a intencionalidade do texto.
  2. Busca nas redes algún exemplo de Fake news relacionado coa crise do coronavirus.
  3. Cres que é importante aprender a distinguir a información verdadeira da falsa? Razoa a resposta.
  4. Volve a ler a lectura traballada na aula titulada As novas tecnoloxías e o consumo de información (páxinas 126 e 127 do libro de 3º ESO da Editorial Santillana) e redacta un comentario poñéndoa en relación co contido do texto. (Extensión mínima: 8 liñas)